• O MOURO

    8,0040,00

    É un queixo de pasta branda semicurado elaborado con leite cru de NOSAS PROPIAS VACAS. A súa característica máis sobresaliente é o afinado da súa cortiza natural dura e compacta, totalmente comestible, que se infusiona a base dunha mestura de café e canela que lle dan unha personalidade propia sen afectar o interior do queixo que mantén as súas características de pasta branda e sabor suave con matices a yogourt e nata.  No caso de ser unha peza de 3kg terá unha maduración mínima de 60 días, 35 no caso de ser de 900 g ( aprox.) e 20 no caso de ser de 400 g ( aprox.).

    Foi o gañador do premio á innovación do Fórum Gastronómico da Coruña 2017.

    En 2018 obtén a medalla de ouro no campionato do mundo World Cheese Awards, celebrados en Noruega.

    Recomendación á hora do consumo:

    Consumo en tostas e outras opcións de untar pola súa cremosidad. Fai unha combinación única con noces. Pódese utilizar para tostas, pizzas, gratinados, recheos… se queremos darlles un pouco máis de sabor.

  • Antigamente ao Queixo de Inverno denominábaselle queixo de nabiza, xa que que as nabizas son as follas tenras que brotan dos nabos plantados desde antigo nas granxas galegas para a alimentación das vacas nos meses de inverno (de outubro a marzo), unha práctica gandeira ancestral e sustentable. Para chegar a conseguir a curación necesaria dánselle baños de auga e sal.

    É un queixo estacional e, ao estar elaborado de maneira artesanal e con leite cru, o seu sabor e cheiro conserva todos os aromas e sabores da zona do Parque Natural Fragas do Eume onde se sitúan as granxas que conforman a Cooperativa.