• O MOURO

    8,0040,00

    É un queixo de pasta branda elaborado con leite cru cunha maduración de máis de 2 meses. A súa cortiza é comestible, composta por un baño de café e canela que non afecta o seu interior. No caso de ser unha peza de 3kg terá unha maduración mínima de 60 días, 35 no caso de ser de 900g (aprox.) e 20 no caso de ser de 400g (aprox.).

    Foi o gañador do premio á innovación do Fórum Gastronómico da Coruña 2017.

    En 2018 obtén a medalla de ouro no campionato do mundo World Cheese Awards, celebrados en Noruega.

    Recomendación á hora do consumo: Consumo en tostas e outras opcións de untar pola súa cremosidad. Fai unha combinación única con noces. Pódese utilizar para tostas, pizzas, gratinados, recheos… se queremos darlles un pouco máis de sabor.

  • É unha variedade de queixo tenro de leite crú ao que se lle engade chorizo de porco celta. A súa corteza é comestible pois está recuberto de pementón doce. É un queixo suave e non leva ningún tipo de picante.

    Recomendación á hora do consumo: Esta combinación de queixo e chorizo permite consumir este producto como ingrediente base de tostas,pizzas ou empanadillas. Póde ser o complemento perfecto para darlle un bo sabor á pasta, á tortilla, ou para calquer tipo de recheo.

  • QUEIXO TIERNO

    5,1524,72

    O queixo tenro ou queixo de país é un queixo semicurado que, en Campo Capela, elaboramos con leite crú. Este queixo, elaborado de forma artesá, evoluciona en cada época do ano permitindo apreciar un lixeiro  cambio no seu sabor dependendo da alimentación do gando dos nosos socios, de tódolos xeitos é un queixo moi suave para o paladar.

    Recomendación á hora do consumo: É un queixo moi cremoso que se pode chegar a consumir como queixo de untar. Como característica dos queixos de país é un bo acompañante de marmelos e mermeladas. Podemos utilizalo para a elaboración de purés, cremas, salsas ou calquer tipo de acompañamento. Especial para gratinados.

  • A Roda é un queixo tenro elaborado con leite crú de vaca que pesa sobre os 20 kgs. É un queixo moi suave e moi cremoso. O seu peso fai que se distinga do país, xa que a maduración non lle afecta do mesmo xeito, en textura, sabor e na finura da súa corteza.

    Recomendación á hora do consumo: Co seu sabor suave e a súa textura cremosa é ideal para marmelos ou doces. Así como para ensaladas, recheos, gratinados, salsas…

  • É o antigo queixo da nabiza. Distínguese do resto dos queixos en que se elabora co leite dos meses de inverno, de outubro a marzo, cando as vacas aliméntanse de nabiza ou forraxes propias desta época. Para chegar a conseguir a curación necesaria dánselle baños de sal.

    Recomendación á hora do consumo: Pódese consumir directamente.

  • Descripción: Esta variedade de queixo é a máis característica de Galicia. O tetilla Campo Capela é un queixo tenro de textura suave, elaborado con leite crú de forma artesá e con Denominación de Orixe Queixo Tetilla.

    En 2018 obtén a medalla de bronce no campionato do mundo World Cheese Awards, celebrados en Noruega.

    Recomendación á hora do consumo: É un queixo moi fácil de fundir polo que se recomenda para tostas, pizzas, carnes, salsas… Resultará doado o seu manexo en calquer tipo de preparado en quente. De preferir consumilo a temperatura ambiente é un bo aliado para o marmelo, as xaleas, as mermeladas…

  • QUEIXO FRESCO

    4,1312,37

    Queixo tradicional de elaboración artesá, feito con leite crú de vaca. Baixo en sal.

    Recomendación á hora do consumo O seu mellor aliado é o marmelo ou a mermelada, aínda que tamén o podemos consumir en ensalada.