Para poder probar a nosa variedade de queixos, o teu mellor aliado será este lote composto por catro queixos ideal para compartir e gozar entre bos amigos.

Contido do lote
  • O Mouro: queixo semicurado de pasta branda elaborado con leite cru de nosas propias vacas, bañado nunha infusión de café e canela e premiado polos World Cheese Awards con medalla de Ouro en 2023 (Trondheim-Noruega), medalla de Prata en 2021 (Oviedo-España) e medalla de Ouro en 2018 (Bergen-Noruega). Peza de 400g aprox.
  • CampoCapela con Chorizo de Porco Celta: queixo tenro graxo elaborado a partir de leite cru de vaca ao que se lle engade chourizo de porco celta (non picante) e recúbrese con pemento doce da Vera. Peza de 500 g aprox.
  • CampoCapela Tenro: queixo tenro graxo elaborado a partir de leite cru de vaca cunha maduración de polo menos 7 días, procedente de nosas propias ganderías. É un queixo que segue evolucionando e en cada época do ano recolle as características da alimentación natural do gando. Peza de 500 g aprox.
  • CampoCapela de Inverno: antigamente denominado queixo de nabiza, xa que que as nabizas son as follas tenras que brotan dos nabos plantados desde antigo nas granxas galegas para a alimentación das vacas nos meses de inverno (de outubro a marzo). É un queixo curado que se afina a través de baños de auga e sal. Premiado polos World Cheese Awards con medalla de Bronce en 2022 (Wales-Reino Unido). Peza de 500g aprox.

Refrixerado