• QUEIXO SEMICURADO O MOURO

    9,7151,32
    Características

    É un queixo de pasta branda semicurado elaborado con leite cru das NOSAS PROPIAS VACAS. A súa característica máis sobresaliente é o afinado da súa cortiza natural dura e compacta, totalmente comestible, que se infusiona a base dunha mestura de café e canela que lle dan unha personalidade propia sen afectar o interior do queixo que mantén as súas características de pasta branda e sabor suave con matices a yogourt e nata. No caso de ser unha peza de 2,8 kgs (aprox.) terá unha maduración mínima de 60 días, 35 no caso de ser de 800 g (aprox.) e 20 no caso de ser de 400 g ( aprox.).

    Este queixo foi galardoado en numerosas ocasións polos World Cheese Awards: medalla de Ouro en 2023 (Trondheim-Noruega), medalla de prata en 2021 (Oviedo-España) e medalla de Ouro en 2018 (Bergen-Noruega).

    Recomendación á hora do consumo

    Atemperar. Se se garda en frigorífico, sacar 1 hora antes do seu consumo. Cada porción debe cortarse levando sempre codia, así percibiranse mellor todos os matices de sabor.

    Formato 400 g ( aprox.), 800 g ( aprox.) e 2800 g (aprox.) (O tamaño afecta á textura)

    Refrixerado

  • Características

    Antigamente ao Queixo de Inverno denominábaselle queixo de nabiza, xa que que as nabizas son as follas tenras que brotan dos nabos plantados desde antigo nas granxas galegas para a alimentación das vacas nos meses de inverno (de outubro a marzo), unha práctica gandeira ancestral e sostible. Para chegar a conseguir a curación necesaria dánselle baños de auga e sal.

    É un queixo estacional e, ao estar elaborado de maneira artesanal e con leite cru, o seu sabor e cheiro conserva todos os aromas e sabores da zona do Parque Natural Fragas do Eume onde se sitúan as granxas que conforman a Cooperativa.

    Foi galardoado polos World Cheese Awards: medalla de Bronce en 2022 (Wales-Reino Unido) Recomendación á hora do consumo

    Consumir a temperatura ambiente, cortando en forma de cuña e en láminas finas.

    Formato 0,5 kgs aproximadamente

    Refrixerado

Go to Top