Características

Manteiga elaborada mediante a nata do leite acidificado en repouso con flor de sal, retirada e batida a man. Como en Campo Capela gústanos innovar, partindo dunha materia prima de alta calidade, deseñamos manteigas para sorprender a todo tipo de padais.

Recomendación á hora do consumo

Para consumo directo con pan e para cociñar. Recoméndase poñela a temperatura ambiente antes do seu consumo.

Formato

Peza 125 grs. Elabórase baixo pedido.