Características

Mel que provén da Casa do Mel de Goente, unha asociación de apicultores da comarca do Eume, elaborada de forma totalmente artesanal e con métodos tradicionais. A variedade multifloral recibe esta denominación pola variada orixe do néctar recolleito polas abellas, procedente de varios tipos de flores. A súa cor é ámbar escuro e cun sabor forte.

Recomendación á hora do consumo

O mel fai unha combinación ideal co Requeixo.

Formato

0,5 kg – 1 kg