Características

É un queixo de pasta branda semicurado elaborado con leite cru das NOSAS PROPIAS VACAS. A súa característica máis sobresaliente é o afinado da súa cortiza natural dura e compacta, totalmente comestible, que se infusiona a base dunha mestura de café e canela que lle dan unha personalidade propia sen afectar o interior do queixo que mantén as súas características de pasta branda e sabor suave con matices a yogourt e nata. No caso de ser unha peza de 2,8 kgs (aprox.) terá unha maduración mínima de 60 días, 35 no caso de ser de 800 g (aprox.) e 20 no caso de ser de 400 g ( aprox.).

Este queixo foi galardoado en numerosas ocasións polos World Cheese Awards: medalla de Ouro en 2023 (Trondheim-Noruega), medalla de prata en 2021 (Oviedo-España) e medalla de Ouro en 2018 (Bergen-Noruega).

Recomendación á hora do consumo

Atemperar. Se se garda en frigorífico, sacar 1 hora antes do seu consumo. Cada porción debe cortarse levando sempre codia, así percibiranse mellor todos os matices de sabor.

Formato

400 g ( aprox.), 800 g ( aprox.) e 2800 g (aprox.) (O tamaño afecta á textura)

Refrixerado