QUEIXO CON CHOURIZO DE PORCO CELTA

7,0014,00

Características

Contan que no século XVI, o rei Carlos IV un día de cacería atopou un súbdito que estaba comendo algo que el non coñecía: O chourizo. Tanto lle gustou que dende aquela a moitos dos pratos da corte se lles engadiu ese manxar. Recuperamos esta antiga receita de Queixo con chourizo de porco celta porque conserva o sabor da alimentación e o afumado tradicional.

O Queixo con Chourizo de Porco Celta é unha variedade de exclusiva elaboración en Campo Capela na que ao queixo tenro de leite cru engádeselle chourizo de porco de raza Celta, mentres que a cortiza comestible afínase con pemento doce da Vera, o que o converte nun queixo suave e sorprendente pola adición de chourizo. Non leva ningún tipo de picante.

Recomendación á hora do consumo

O marmelo é o seu acompañamento ideal, pero tamén as marmeladas de tomate, pemento…Resulta ideal para elaborar salsas, recheos, tostadas…

A temperatura de conservación oscila entre 12/14º en lugar seco e fresco. Esta temperatura permite preservar a súa textura suave e semiblanda. Se se garda en frigorífico, convén sacalo polo menos unha hora antes de consumilo.

Para presentar este queixo recoméndase cortar ao longo da teta, para que cada porción leve cortiza.

Formato

0,5 kg (aprox.) – 1 kg (aprox.)

Referencia: QUESO CON CHORIZO DE PORCO CELTA Category:

Additional information

Weight N/A