Características

Non te confundas: O REQUEIXO FAISE DE LEITE É UN PROBIÓTICO NATURAL, un queixo cunhas propiedades que axudan ás defensa e permiten unha mellor asimilación da lactosa. Non contén sal.

O REQUESÓN faise de soro, non é un queixo, non teñen as mesmas propiedades que o Requeixo.

Verás que nas nosas etiquetas aparece “ Requeixón da Capela”

Requeixo (Queixo fresco) isto obedece a que como este produto estaba tan esquecido, que en organismos oficiais produciuse unha mala tradución da palabra requeixo, o cal orixinou a confusión que agora existe, que non tivésemos mais opción que etiquetar desa forma e…que sexamos moitos produtores os que aínda sigamos reivindicando que a correcta denominación deste marabilloso e beneficioso queixo.

Recomendación á hora do consumo

Ideal para sobremesas con mel, azucre ou mermeladas…aínda que tamén podemos consumilo en tostas. Axeitado para elaborar tortas, aperitivos, recheos, acompañamentos para peixes, carnes e ensaladas.

Formato

Tarro de cristal de 250

Refrixerado