Devolucións e anulacións

Devolucións:

Non se reembolsarán as devolucións de produtos abertos, utilizados e sen a súa embalaxe orixinal! Tendo en conta que os nosos artigos son alimentos, cumprindo coa normativa vixente ten dereito de devolver calquera artigo comprado en CampoCapela, no prazo de 3 días, desde a data de recepción, segundo as seguintes indicacións:
1. Antes de realizar a devolución, terá que comunicalo por correo electrónico a pedidos@coopcapela.com e a devolución realizarase polos mesmos medios en que recibiu o pedido.
2. Se a causa da devolución fose que o artigo devolto é defectuoso ou non corresponde ao solicitado no pedido, CampoCapela correrá cos gastos da devolución e novo envío.
3. Se o motivo da devolución é que o pedido non lle satisfai, reembolsarémoslle o importe pero non os gastos de envío nin os gastos de devolución. O importe para reembolsar será nos 4 días seguintes á recepción da devolución e comprobación do seu estado.
4. Anulación de pedido Se a anulación do pedido chega antes da saída de mercadoría o cliente non terá ningún gasto.
No caso dunha anulación despois da saída do pedido, o cliente terá ao seu cargo os gastos de envío así como os gastos de devolución deste mesmo pedido. Non se reembolsarán as devolucións de produtos abertos, utilizados e sen a súa embalaxe orixinal!