Skip to content
Campo Capela Logo Campo Capela Logo Campo Capela Logo
  • TENDA ONLINE
  • Quen somos?
  • Onde atoparnos
  • NOVAS
  • CONTACTO
  • Miña Conta
  • Carrito
  • Galego
    • Español

CAMPO CAPELA

A Cooperativa reúne a 33 pequenos produtores de leite, cunha media de 15 vacas que son criadas en réxime semi-extensivo nos prados que rodean á cooperativa. Hai 6 anos marcámonos os nosos propios obxectivos de calidade, para producir queixos con leite cru por encima mesmo dos estándares europeos.

Ademais do requeixo, que é o produto estrela do selo Campo Capela, prodúcese queixo fresco, tenro, semicurado e curado, así como nata e manteiga.

O resultado son produtos artesanais, frescos, con sabor auténtico da nosa terra e con garantía de orixe. Conta cun produto certificado con selo de Denominación de Orixe, o “ Queixo Tetilla”.

49 dos nosos socios conseguiron no último ano a marca de garantía Galega 100 %, e os outros catro están a piques de logralo. Este selo acredita que as granxas figuran no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada, o que certifica unha calidade hixiénico-sanitaria do leite por encima dos requisitos legais obrigatorios. A Asociación Laboratorio Interprofesional Galego de  Análise  do Leite (LIGAL) creou, en decembro de 2010, a marca Galega 100 %, recoñecida oficialmente pola Xunta desde maio de 2012.

Unha cuarta parte do leite que se comercializa a través da cooperativa Campo Capela queda nas súas propias instalacións, para a produción do  requeixo, os queixos e o resto de lácteos da marca.

Na actualidade, a quesería foi distinguida con numerosos premios. O queixo semicurado O Mouro gañou o Premio Etiqueta de Ouro ao mellor queixo de Pasta Branda no Salón do Queixo 2015 en León. En 2017 recibiu o Premio InnoFórum ao produto máis innovador polo novo recubrimento de café e canela, ademais de ser Finalista no Salón Gourmet Madrid 2017. En 2018 obtivo a medalla de ouro no campionato do mundo World Cheese Awards, celebrados en Noruega, xunto cunha medalla de bronce no Queixo Tetilla DOP.

POLÍTICA DE CALIDAD E SEGURIDAD ALIMENTARIA

Descrición empresa.

A Dirección de COOP CAMPO CAPELA enfoca o Sistema da Calidade, Seguridade e Inocuidade Alimentaria como unha maneira de organizar o funcionamento da empresa partindo duns piares básicos como son a calidade dos seus produtos, a seguridade alimentaria e a autenticidade, a satisfacción do cliente e a mellora continua da eficacia do Sistema. A filosofía básica reside en manter unha cultura de seguridade alimentaria inculcando valores compartidos, crenzas e normas que afectan á mentalidade e o comportamento cara á seguridade alimentaria a través e ao longo de toda a organización.

Para iso, o Sistema de Xestión da Calidade e Seguridade Alimentaria de COOP CAMPO CAPELA baséase nunha serie de principios:

  • A consecución, mantemento e mellora do nivel de calidade e seguridade alimentaria desexado pola empresa só poderá lograrse co compromiso e participación de todo o persoal, e o aproveitamento do seu potencial e as súas habilidades.
  • Esta implicación debe lograrse a través da comprensión do efecto que, sobre a calidade do produto e a seguridade alimentaria, teñen as achegas individuais, a información, a comunicación e a través da acción dos líderes en todas as áreas e niveis da organización.
  • A calidade obtense planificando, executando, revisando e mellorando o Sistema de Xestión para previr os posibles erros.
  • Tanto a Dirección como o persoal de COOP CAMPO CAPELA comprométense a cumprir os requisitos legais e regulamentarios que lle son de aplicación.
  • Compromiso cara á satisfacción de todos os nosos clientes mediante o compromiso de toda a organización en cumprir coas súas necesidades e requisitos, así como os requisitos legais e regulamentarios e os propios dos produtos.
  • Só mellorando de forma continua os procesos, métodos, servizos etc., pódese garantir unha maior eficacia interna, unha mellor resposta ás expectativas dos clientes e, por tanto, a mellora da súa satisfacción.
  • O persoal de COOP CAMPO CAPELA, independentemente de cales sexan as súas funcións e responsabilidades, debe analizar os datos á súa disposición referentes ás actividades que realiza en busca de oportunidades de mellora.
  • Por este motivo, a mellora continua debe ser un obxectivo permanente de todos, e referido a todas as actividades desenvolvidas en COOP CAMPO CAPELA.
  • O noso compromiso coa calidade diríxenos a prestar a máxima atención á evolución tecnolóxica e ás posibles melloras que as novas tecnoloxías puxesen á nosa disposición.
  • Requírese da participación e colaboración de todos, polo que esta Política é difundida a todo o persoal da empresa para o seu coñecemento e comprensión.
  • Compromiso co medio ambiente e coa sustentabilidade do medio rural é un obxectivo fundamental.

Para a aplicación efectiva destes principios, é absolutamente necesario o apoio aos mesmos tanto do equipo directivo como do persoal.

Dirección

Lugar Calzados s/n CP 15613 A Coruña

Coop. do Campo da Capela · Os Calzados, s/n. · A Capela (A Coruña) · Telf.: 981 45 90 28 - info@coopcapela.com · Aviso Legal · Política de privacidad
Facebook
Utilizamos cookies para mejorar nuestros servicios. Al continuar con la navegación, entendemos que se acepta nuestra política de cookies.Aceptar Leer +
Política de Cookies
Necessary
Always Enabled

Go to Top