Características
Non te confundas: O REQUEIXO FAISE DE LEITE É UN PROBIÓTICO NATURAL, un queixo cunhas propiedades que axudan ás defensa e permiten unha mellor asimilación da lactosa. Non contén sal.
O REQUESÓN faise de soro, non é un queixo, non teñen as mesmas propiedades que o Requeixo.
Verás que nas nosas etiquetas aparece “ Requeixón da Capela”
Requeixo (Queixo fresco) isto obedece a que como este produto estaba tan esquecido, que en organismos oficiais produciuse unha mala tradución da palabra requeixo, o cal orixinou a confusión que agora existe, que non tivésemos mais opción que etiquetar desa forma e…que sexamos moitos produtores os que aínda sigamos reivindicando que a correcta denominación deste marabilloso e beneficioso queixo.
Recomendación á hora do consumo
É un queixo moi versátil tanto para tomar só, como para acompañar a alimentos doces ou salgados. É ideal para tomar de sobremesa porque facilita a dixestión, pódese acompañar de azucre, mel, marmeladas. Na zona norte de Galicia, utilízase tamén no almorzo nas clásicas torradas.
Vai moi ben cos peixes afumados, ensaladas, recheo de pastas, salsas, carnes. Outra forma de tomar o requeixo é engadindo toques de viño tinto e azucre, ou viño tostado do Ribeiro. Tamén na nova restauración acompáñase con toques de augardente tostada.
Formato
Terrina de 270 / 500 / 750 grs

Refrixerado