Se nalgún momento invádeche a MORRIÑA, o teu mellor aliado será este lote composto por tres queixos e unha terrina do noso Requeixo, ideal para compartir e gozar entre bos amigos.

Contido do lote

  • O Mouro: queixo semicurado de pasta branda elaborado con leite cru de nosas propias vacas, bañado nunha infusión de café e canela e medalla de ouro no campionato do mundo World Cheese Awards 2018, peza de 400 g aprox.
  • CampoCapela con Chorizo de Porco Celta: queixo tenro graxo elaborado a partir de leite cru de vaca ao que se lle engade chourizo de porco celta (non picante) e báñase con pemento doce da Vera, peza de 500 g aprox.
  • CampoCapela Tenro: queixo tenro graxo elaborado a partir de leite cru de vaca cunha maduración de polo menos 7 días, procedente de nosas propias ganderías. É un queixo que segue evolucionando e en cada época do ano recolle as características da alimentación natural do gando, peza de 500 g aprox.
  • Terrina 270g Requeixo CampoCapela: Non te confundas: O REQUEIXO FAISE DE LEITE É UN PROBIÓTICO NATURAL, un queixo cunhas propiedades que axudan ás defensa e permiten unha mellor asimilación da lactosa. Non contén sal. O REQUESÓN faise de soro, non é un queixo, non teñen as mesmas propiedades que o Requeixo.

Refrixerado