Características

Queixo fresco láctico elaborado con leite cru de vaca mediante coagulación láctica (sen callo). Non se debe confundir: O REQUEIXO FAISE DE LEITE É UN PROBIÓTICO NATURAL, un queixo cunhas propiedades que axuda ás defensas e permite unha mellor asimilación da lactosa (non contén sal). O REQUESÓN faise de soro, non é un queixo, non ten as mesmas propiedades que o Requeixo.

Ten unha textura cremosa froito de engadirlle nata natural artesanalmente.

Recomendación á hora do consumo

Ideal para sobremesas con mel, azucre ou mermeladas…aínda que tamén podemos consumilo en tostas. Axeitado para elaborar tortas, aperitivos, recheos, acompañamentos para peixes, carnes e ensaladas.

Formato

Tarro de cristal de 250

Refrixerado