Características
Contan que no século XVI, o rei Carlos IV un día de cacería atopou un súbdito que estaba comendo algo que el non coñecía: O chourizo. Tanto lle gustou que dende aquela a moitos dos pratos da corte se lles engadiu ese manxar. Recuperamos esta antiga receita de Queixo con chourizo de porco celta porque conserva o sabor da alimentación e o afumado tradicional.
O Queixo con Chourizo de Porco Celta é unha variedade de exclusiva elaboración en Campo Capela na que ao queixo tenro de leite cru engádeselle chourizo de porco de raza Celta, mentres que a cortiza comestible afínase con pemento doce da Vera, o que o converte nun queixo suave e sorprendente pola adición de chourizo. Non leva ningún tipo de picante.
Recomendación á hora do consumo
Consumo directo. Tamén moi saboroso en tostas quentes e outras opcións de untar. Perfecto combinado con legumes, alcachofas e tortillas. Para facilitar o corte recoméndase usar coitelo húmido en auga tépeda ou coitelo de untar (segundo aplicación). Recoméndase poñelo a temperatura ambiente unha hora antes do seu consumo.
Formato
0,5 kg (aprox.) – 1 kg (aprox.)
Ingredientes
LEITE cru de vaca, fermentos lácticos, callo, sal e chourizo de porco celta. Recubrimento da codia comestible: pemento. Conservadores (E281, E200, E235)
Información nutricional (Valores medios por 100g.)
|
Valor enerxético |
1582 kJ/ 382 kcal |
|
Graxas |
33,3 g |
|
das cales Saturadas |
24,8 g |
|
Hidratos de carbono |
0,2 g |
|
dos cales Azucres |
0,12 g |
|
Proteínas |
20,4 g |
|
Sal |
0,48 g |

Refrixerado
