Características
É un queixo de pasta branda semicurado elaborado con leite cru das NOSAS PROPIAS VACAS. A súa característica máis sobresaliente é o afinado da súa cortiza natural dura e compacta, totalmente comestible, que se infusiona a base dunha mestura de café e canela que lle dan unha personalidade propia sen afectar o interior do queixo que mantén as súas características de pasta branda e sabor suave con matices a yogourt e nata. No caso de ser unha peza de 3 kgs (aprox.) terá unha maduración mínima de 60 días, 35 no caso de ser de 800 g (aprox.) e 20 no caso de ser de 400 g ( aprox.).
Foi o gañador do premio á innovación do Fórum Gastronómico da Coruña 2017.
En 2018 obtén a medalla de ouro no campionato do mundo World Cheese Awards, celebrados en Noruega. En novembro de 2021 recibe un novo premio coa Medalla de PRATA no World Cheese Awards 2021 celebrado en Oviedo.
Recomendación á hora do consumo
Atemperar. Se se garda en frigorífico, sacar 1 hora antes do seu consumo. Cada porción debe cortarse levando sempre codia, así percibiranse mellor todos os matices de sabor.
Formato
400 g ( aprox.), 800 g ( aprox.) e 3 kgs (aprox.) (O tamaño afecta á textura)

Refrixerado