Características
É o queixo máis representativo da gastronomía galega e o máis popular, sen dúbida, pola súa forma de seo. O noso Tetilla Campo Capela é o primeiro e único que se elabora con leite cru de vaca, trátase dun queixo tenro cunha maduración de polo menos 8 días, de pasta branda e de sabor suave, de textura algo cremosa e sabor lixeiramente acedo e salgado suave. A cortiza é máis ben dura de cor amarela palla, mentres a pasta interior é branca amarfilada e branda.
Este queixo foi galardoado en numerosas ocasións polos World Cheese Awards: medalla de bronce en 2024 (Viseu-Portugal), medalla de bronce en 2021 (Oviedo-España) e medalla de bronce en 2018 (Trondheim-Noruega).
Recomendación á hora do consumo
O marmelo é o seu acompañamento ideal, pero tamén as marmeladas de tomate, pemento…Resulta ideal para elaborar salsas, recheos, tostadas…
Se se garda en frigorífico, convén sacalo polo menos unha hora antes de consumilo.
Para presentar este queixo recoméndase cortar ao longo da teta, para que cada porción leve cortiza.
Formato
900grs aproximadamente
Ingredientes
LEITE cru de vaca, fermentos lácticos, callo e sal. Recubrimento da codia comestible: conservadores (E281, E200, E235)
Información nutricional (Valores medios por 100g.)
|
Valor enerxético |
1403 kJ/ 339 kcal |
|
Graxas |
29,1 g |
|
das cales Saturadas |
19,2 g |
|
Hidratos de carbono |
0,4 g |
|
dos cales Azucres |
0,33 g |
|
Proteínas |
18,8 g |
|
Sal |
0,8 g |

Refrixerado
