Características

É un queixo de pasta branda semicurado elaborado con leite cru das NOSAS PROPIAS VACAS. A súa característica máis sobresaliente é o afinado da súa cortiza natural dura e compacta, totalmente comestible, que se infusiona a base dunha mestura de café e canela que lle dan unha personalidade propia sen afectar o interior do queixo que mantén as súas características de pasta branda e sabor suave con matices a yogourt e nata. No caso de ser unha peza de 800 g (aprox.) terá unha maduración mínima de 35 días e 20 no caso de ser de 400 g (aprox.).

Este queixo foi galardoado en numerosas ocasións polos World Cheese Awards: medalla de Bronce en 2025 (Berna-Suiza), medalla de Prata en 2024 (Viseu-Portugal), medalla de Ouro en 2023 (Trondheim-Noruega), medalla de prata en 2021 (Oviedo-España) e medalla de Ouro en 2018 (Bergen-Noruega).

Recomendación á hora do consumo

Atemperar. Se se garda en frigorífico, sacar 1 hora antes do seu consumo. Cada porción debe cortarse levando sempre codia, así percibiranse mellor todos os matices de sabor.

Formato

400 g (aprox.) e 800 g (aprox.)

Ingredientes

LEITE cru de vaca, fermentos lácticos, callo e sal. Recubrimento da codia comestible: CAFÉ, CANELA. Conservadores (E281, E200, E235)

Información nutricional  (Valores medios por 100g.)

Valor enerxético

1589 kJ/ 383 kcal

Graxas  

32 g

das cales Saturadas

21 g              

Hidratos de carbono   

0,4 g

dos cales Azucres

0,26 g

Proteínas

23,4 g

Sal

1,48 g

Refrixerado