Características

Antigamente ao Queixo de Inverno denominábaselle queixo de nabiza, xa que que as nabizas son as follas tenras que brotan dos nabos plantados desde antigo nas granxas galegas para a alimentación das vacas nos meses de inverno (de outubro a marzo), unha práctica gandeira ancestral e sostible. Para chegar a conseguir a curación necesaria dánselle baños de auga e sal.

É un queixo estacional e, ao estar elaborado de maneira artesanal e con leite cru, o seu sabor e cheiro conserva todos os aromas e sabores da zona do Parque Natural Fragas do Eume onde se sitúan as granxas que conforman a Cooperativa.

Foi galardoado polos World Cheese Awards: medalla de Bronce en 2022 (Wales-Reino Unido)

Recomendación á hora do consumo

Consumir a temperatura ambiente, cortando en forma de cuña e en láminas finas.

Formato

0,5 kgs aproximadamente

Ingredientes

LEITE cru de vaca, fermentos lácticos, callo e sal. Recubrimento da codia comestible: Sal. Conservadores (E281, E200, E235)

Información nutricional  (Valores medios por 100g.)

Valor enerxético

1653 kJ/ 399 kcal

Graxas  

33,6 g

das cales Saturadas

26,1 g              

Hidratos de carbono   

0,2 g

dos cales Azucres

0,19 g

Proteínas

23,9 g

Sal

1,95 g

Refrixerado