• Para poder probar a nosa variedade de queixos, o teu mellor aliado será este lote composto por catro queixos ideal para compartir e gozar entre bos amigos.

    Contido do lote
    • O Mouro: queixo semicurado de pasta branda elaborado con leite cru de nosas propias vacas, bañado nunha infusión de café e canela e premiado polos World Cheese Awards con medalla de Bronce en 2025 (Berna-Suiza), medalla de Prata en 2024 (Viseu-Portugal), medalla de Ouro en 2023 (Trondheim-Noruega), medalla de Prata en 2021 (Oviedo-España) e medalla de Ouro en 2018 (Bergen-Noruega). Peza de 400g aprox.
    • CampoCapela con Chorizo de Porco Celta: queixo tenro graxo elaborado a partir de leite cru de vaca ao que se lle engade chourizo de porco celta (non picante) e recúbrese con pemento doce da Vera. Peza de 500 g aprox.
    • CampoCapela Tenro: queixo tenro graxo elaborado a partir de leite cru de vaca cunha maduración de polo menos 7 días, procedente de nosas propias ganderías. É un queixo que segue evolucionando e en cada época do ano recolle as características da alimentación natural do gando. Peza de 500 g aprox.
    • CampoCapela de Inverno: antigamente denominado queixo de nabiza, xa que que as nabizas son as follas tenras que brotan dos nabos plantados desde antigo nas granxas galegas para a alimentación das vacas nos meses de inverno (de outubro a marzo). É un queixo curado que se afina a través de baños de auga e sal. Premiado polos World Cheese Awards con medalla de Bronce en 2022 (Wales-Reino Unido). Peza de 500g aprox.

    Refrixerado

  • QUEIXO SEMICURADO O MOURO

    10,1017,79
    Características

    É un queixo de pasta branda semicurado elaborado con leite cru das NOSAS PROPIAS VACAS. A súa característica máis sobresaliente é o afinado da súa cortiza natural dura e compacta, totalmente comestible, que se infusiona a base dunha mestura de café e canela que lle dan unha personalidade propia sen afectar o interior do queixo que mantén as súas características de pasta branda e sabor suave con matices a yogourt e nata. No caso de ser unha peza de 800 g (aprox.) terá unha maduración mínima de 35 días e 20 no caso de ser de 400 g (aprox.).

    Este queixo foi galardoado en numerosas ocasións polos World Cheese Awards: medalla de Bronce en 2025 (Berna-Suiza), medalla de Prata en 2024 (Viseu-Portugal), medalla de Ouro en 2023 (Trondheim-Noruega), medalla de prata en 2021 (Oviedo-España) e medalla de Ouro en 2018 (Bergen-Noruega).

    Recomendación á hora do consumo

    Atemperar. Se se garda en frigorífico, sacar 1 hora antes do seu consumo. Cada porción debe cortarse levando sempre codia, así percibiranse mellor todos os matices de sabor.

    Formato

    400 g (aprox.) e 800 g (aprox.)

    Ingredientes

    LEITE cru de vaca, fermentos lácticos, callo e sal. Recubrimento da codia comestible: CAFÉ, CANELA. Conservadores (E281, E200, E235)

    Información nutricional  (Valores medios por 100g.)

    Valor enerxético

    1589 kJ/ 383 kcal

    Graxas  

    32 g

    das cales Saturadas

    21 g              

    Hidratos de carbono   

    0,4 g

    dos cales Azucres

    0,26 g

    Proteínas

    23,4 g

    Sal

    1,48 g

    Refrixerado

  • Características

    Contan que no século XVI, o rei Carlos IV un día de cacería atopou un súbdito que estaba comendo algo que el non coñecía: O chourizo. Tanto lle gustou que dende aquela a moitos dos pratos da corte se lles engadiu ese manxar. Recuperamos esta antiga receita de Queixo con chourizo de porco celta porque conserva o sabor da alimentación e o afumado tradicional.

    O Queixo con Chourizo de Porco Celta é unha variedade de exclusiva elaboración en Campo Capela na que ao queixo tenro de leite cru engádeselle chourizo de porco de raza Celta, mentres que a cortiza comestible afínase con pemento doce da Vera, o que o converte nun queixo suave e sorprendente pola adición de chourizo. Non leva ningún tipo de picante.

    Recomendación á hora do consumo

    Consumo directo. Tamén moi saboroso en tostas quentes e outras opcións de untar. Perfecto combinado con legumes, alcachofas e tortillas. Para facilitar o corte recoméndase usar coitelo húmido en auga tépeda ou coitelo de untar (segundo aplicación). Recoméndase poñelo a temperatura ambiente unha hora antes do seu consumo.

    Formato

    0,5 kg (aprox.) - 1 kg (aprox.)

    Ingredientes

    LEITE cru de vaca, fermentos lácticos, callo, sal e chourizo de porco celta. Recubrimento da codia comestible: pemento. Conservadores (E281, E200, E235)

    Información nutricional  (Valores medios por 100g.)

    Valor enerxético

    1582 kJ/ 382 kcal

    Graxas

    33,3 g

    das cales Saturadas

    24,8 g              

    Hidratos de carbono   

    0,2 g

    dos cales Azucres

    0,12 g

    Proteínas

    20,4 g

    Sal

    0,48 g

    Refrixerado

  • QUEIXO TENRO

    6,7513,50
    Características

    O queixo tenro ou queixo de país é un queixo tenro que en Campo Capela elaboramos con leite cru. Este queixo, elaborado de forma artesá, evoluciona en cada época do ano permitindo apreciar un lixeiro cambio no seu sabor dependendo da alimentación do gando dos nosos socios, sendo un queixo moi suave para o padal.

    Recomendación á hora do consumo

    É un queixo moi cremoso que se pode chegar a consumir como queixo de untar. Como característica dos queixos de país é un bo acompañante de marmelos e marmeladas. Podemos utilizalo para a elaboración de purés, cremas, salsas ou calquera tipo de acompañamento. Especial para gratinados.

    Formato

    0,5kg (aprox.) | 700 GR. (aprox.) / 1kg (aprox.)

    Ingredientes

    LEITE cru de vaca, fermentos lácticos, callo e sal. Recubrimento da codia comestible: conservadores (E281, E200, E235)

    Información nutricional  (Valores medios por 100g.)

    Valor enerxético

    1401 kJ/ 338 kcal

    Graxas

    28,3 g

    das cales Saturadas

    16,5 g              

    Hidratos de carbono   

    0,3 g

    dos cales Azucres

    0,15 g

    Proteínas

    20,5 g

    Sal

    0,45 g

    Refrixerado

  • Características

    Antigamente ao Queixo de Inverno denominábaselle queixo de nabiza, xa que que as nabizas son as follas tenras que brotan dos nabos plantados desde antigo nas granxas galegas para a alimentación das vacas nos meses de inverno (de outubro a marzo), unha práctica gandeira ancestral e sostible. Para chegar a conseguir a curación necesaria dánselle baños de auga e sal.

    É un queixo estacional e, ao estar elaborado de maneira artesanal e con leite cru, o seu sabor e cheiro conserva todos os aromas e sabores da zona do Parque Natural Fragas do Eume onde se sitúan as granxas que conforman a Cooperativa.

    Foi galardoado polos World Cheese Awards: medalla de Bronce en 2022 (Wales-Reino Unido) Recomendación á hora do consumo

    Consumir a temperatura ambiente, cortando en forma de cuña e en láminas finas.

    Formato

    0,5 kgs aproximadamente

    Ingredientes

    LEITE cru de vaca, fermentos lácticos, callo e sal. Recubrimento da codia comestible: Sal. Conservadores (E281, E200, E235)

    Información nutricional  (Valores medios por 100g.)

    Valor enerxético

    1653 kJ/ 399 kcal

    Graxas  

    33,6 g

    das cales Saturadas

    26,1 g              

    Hidratos de carbono   

    0,2 g

    dos cales Azucres

    0,19 g

    Proteínas

    23,9 g

    Sal

    1,95 g

    Refrixerado

  • Características

    É o queixo máis representativo da gastronomía galega e o máis popular, sen dúbida, pola súa forma de seo. O noso Tetilla Campo Capela é o primeiro e único que se elabora con leite cru de vaca, trátase dun queixo tenro cunha maduración de polo menos 8 días, de pasta branda e de sabor suave, de textura algo cremosa e sabor lixeiramente acedo e salgado suave. A cortiza é máis ben dura de cor amarela palla, mentres a pasta interior é branca amarfilada e branda.

    Este queixo foi galardoado en numerosas ocasións polos World Cheese Awards: medalla de bronce en 2024 (Viseu-Portugal), medalla de bronce en 2021 (Oviedo-España) e medalla de bronce en 2018 (Trondheim-Noruega).

    Recomendación á hora do consumo

    O marmelo é o seu acompañamento ideal, pero tamén as marmeladas de tomate, pemento...Resulta ideal para elaborar salsas, recheos, tostadas...

    Se se garda en frigorífico, convén sacalo polo menos unha hora antes de consumilo.

    Para presentar este queixo recoméndase cortar ao longo da teta, para que cada porción leve cortiza.

     Formato

    900grs aproximadamente

    Ingredientes

    LEITE cru de vaca, fermentos lácticos, callo e sal. Recubrimento da codia comestible: conservadores (E281, E200, E235)

    Información nutricional  (Valores medios por 100g.)

    Valor enerxético

    1403 kJ/ 339 kcal

    Graxas

    29,1 g

    das cales Saturadas

    19,2 g              

    Hidratos de carbono   

    0,4 g

    dos cales Azucres

    0,33 g

    Proteínas

    18,8 g

    Sal

    0,8 g

    Refrixerado

  • MANTEIGA

    4,968,49
    Características

    Elaborada mediante a nata do leite cru acidificado en repouso, retirada a man e batida sen ningún engadido. O sabor, a textura e o aspecto é totalmente a da manteiga tradicional.

    Recomendación á hora do consumo

    Consumo directo con pan, para enriquecer sobremesas, carnes e peixes ou como substituto do aceite de oliva para evitar a adhesión dos alimentos na tixola. Recoméndase poñela a temperatura ambiente antes do seu consumo.

    Formato

    Pieza de 125 g y de 250 g

    Ingredientes

    Nata de LEITE cru de vaca e fermentos lácticos.

    Información nutricional  (Valores medios por 100g.)

    Valor enerxético

    3191 kJ/ 776 kcal

    Graxas  

    85,6 g

    das cales Saturadas

    51,8 g              

    Hidratos de carbono   

    <0,1 g

    dos cales Azucres

    <0,1 g

    Proteínas

    1,4 g

    Sal

    <0,1 g

    Refrixerado

  • Características

    Queixo fresco láctico elaborado con leite cru de vaca mediante coagulación láctica (sen callo). Non se debe confundir: O REQUEIXO FAISE DE LEITE É UN PROBIÓTICO NATURAL, un queixo cunhas propiedades que axuda ás defensas e permite unha mellor asimilación da lactosa (non contén sal). O REQUESÓN faise de soro, non é un queixo, non ten as mesmas propiedades que o Requeixo.

    Recomendación á hora do consumo

    É un queixo moi versátil tanto para tomar só, como para acompañar a alimentos doces ou salgados. É ideal para tomar de sobremesa porque facilita a dixestión, pódese acompañar de azucre, mel, marmeladas. Na zona norte de Galicia, utilízase tamén no almorzo nas clásicas torradas.

    Vai moi ben cos peixes afumados, ensaladas, recheo de pastas, salsas, carnes. Outra forma de tomar o requeixo é engadindo toques de viño tinto e azucre, ou viño tostado do Ribeiro. Tamén na nova restauración acompáñase con toques de augardente tostada.

    Formato

    Terrina de 270 / 500 / 750 grs

    Ingredientes

    LEITE cru de vaca e fermentos lácticos.

    Información nutricional  (Valores medios por 100g.)

    Valor enerxético

    548 kJ/ 132 kcal

    Graxas  

    9,2 g

    das cales Saturadas

    7,3 g              

    Hidratos de carbono   

    1,4 g

    dos cales Azucres

    1,4 g

    Proteínas

    10,8 g

    Sal

    0,11 g

    Refrixerado

Go to Top